A oposición aprobou o PXOM de Carballo
O pasado venres tivo lugar a última das Comisións Informativa de Urbanismo e Medio Rural na Casa do Concello de Carballo. Unha comisión que tiña como único asunto da orde do día a presentación do documento para aprobación provisional do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM).
Estiveron na cita o grupo de goberno e toda a oposición, comezando polo Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero; a Concelleira de Planificación e Desenvolvemento Urbano, Milagros Lantes; o Concelleiro de Obras e Servizos, Luís Lamas; os Concelleiros do PP, Juan Carlos Castro e José Lado; o Concelleiro de TEGA, Manuel Andrade; o Concelleiro do PSOE, José Antonio Viña; o Arquitecto Municipal, Alfredo Garrote; e membros do equipo redactor de Fernández Carballada e Asociados.
Unha data esperada, logo da entrega no Concello do Plan, e de 30 comisións e 1939 alegacións presentadas.
Non quedaron todos completamente satisfeitos e dende TEGA pediron maior edificabilidade en certos puntos, pero o texto parece que aúna as principais peticións de todos os grupos. É ”unha radiografía de todos os acordos acadados nas máis de 30 comisións informativas" celebradas durante 2013, sinala o alcalde.
A pelota está agora no tellado da Xunta.
Fonte
- 09-06-14: Paso adiante dun PXOM de Carballo cunha maior edificabilidade.
- Varias parroquias de Carballo estrean alumeado máis eficiente.