Martes. 27.02.2024
El tiempo

Abren o prazo para o primeiro campus urbano para adolescentes de Carballo

campus urbano adolescentes carballo
Abren o prazo para o primeiro campus urbano para adolescentes de Carballo

Sempre un paso por diante o Concello de Carballo en materia de conciliación. Desta volta, a través das áreas de Servizos Sociais e Mocidade, organiza o primeiro campus urbano para adolescentes de 12 a 16 anos. Esta experiencia piloto, que se desenvolverá a semana que vén no mercado municipal, ten como finalidade favorecer a conciliación das familias con fillos e fillas desas idades, para ver como responde e se poden ser incluídos no programa estival de cada ano.

As actividades do campamento serán variadas, coa premisa de fomentar valores como o compañeirismo e o respecto, así como destrezas e habilidades que contribúan a
fomentar o desenvolvemento integral dos/as participantes. Deste xeito, o luns será o día da creatividade; o martes, o día da maxia, cun obradoiro dirixido polo mago Kiko
Pastur; o mércores, o dia do xogo popular e xigante; o xoves, o día olímpico, con xogos cooperativos por equipos, e o venres será a xornada de clausura cun festival no
que haberá música, coctelería sen alcohol, glitter bar e festa da espuma. Os/as participantes estarán acompañados por dous monitores con experiencia.

INSCRICIÓN
O campus será gratuíto e desenvolverase na planta alta do mercado municipal, de luns a venres, en horario de 10.00 a 14.00. Os/as participantes deben estar
empadroados no noso concello. Nesta primeira edición temos 20 prazas dispoñibles, que se cubrirán por orde de inscrición. As familias interesadas deben enviar os datos
do/a neno/a a [email protected] (nome e apelidos, idade e enderezo) antes do sábado 8 de xullo.

As familias interesadas poden realizar xa a inscrición enviando un correo electrónico cos datos dos/as rapaces/as a [email protected]

Comentarios