Luns. 16.12.2019
El tiempo

ACADAS: Aspaber pilota un Proxecto Europeo de escolarización das persoas con discapacidade

Expedición Europea do proxecto ACADAS á súa chegada a Carballo
Expedición Europea do proxecto ACADAS á súa chegada a Carballo
ACADAS: Aspaber pilota un Proxecto Europeo de escolarización das persoas con discapacidade

Arrinca estes días, e faino en Carballo, un Proxecto Europeo pioneiro en materia de escolarización das persoas con discapacidade. Os Proxectos Europeos están formados por entidades de diferetens países e serven para poñer en común novidades e realidades para desenvolver, conxuntamente, accións impactantes para territorios diversos do continente.

O proxecto, no marco do “Erasmus +”, ACADAS (Alianza para o Recoñecemento inClusivo de méritos eDucacionais) arrinca en Carballo porque o promotor é Aspaber (Asociación de Pais de discapacitados psíquicos de Bergantiños). Con Aspaber desenvolverán o proxecto entidades como Necmettin Erbakan Üniversitesi de Turquía, European Laboratory on Training Education and Citizenship de Italia, St Ita's Special School de Irlanda, Centre of Education and Rehabilition for the Blind de Grecia e Pro Mente Croatia de Croacia.

O marco

Importante coñecer a situación escolar do colectivo de discapacidade, e nesa liña a directora de Aspaber, Dolores Fernández explicou que “actualmente as persoas con discapacidade non soen ter unha titulación académica porque o sistema lles da adaptación curriculares que permiten a súa escolarización pero non que saquen un título”. Por iso desde Aspaber se entendeu que había que facer algo. “ACADAS é o nome do proxecto que reflexa moi ben o principal obxectivo do proxecto, analizar como unha persoa acada a capacitación para facer algo, que cada alumno ou alumna poida contar coa súa mochila cargada de capacidades”.

Este venres 15 hai un acto aberto no Forum Carballo, dende as 10:00h, cunha mesa redonda e un par de conferencias.

Comentarios