Domingo. 16.06.2024
El tiempo

Leve accidente de tráfico no lugar de Ardaña

CONSORCIO_ACCIDENTE_CARBALLO__23_05
Leve accidente de tráfico no lugar de Ardaña

Esta pasada tarde de mércores 22 de maio, pasadas as 20:00h, rexistrouse un novo accidente nas nosas estradas. Unha colisión entre dous vehículos, nos que unicamente viaxaban os condutores, no punto quilométrico 3,5 da estrada DP-1914 ao seu paso polo lugar de Ardaña na parroquia carballesa de Rus.

Non houbo que lamentar vítimas e os ocupantes non precisaron ser liberados dos automóbiles. Unha vez trasladado á ambulancia un dos implicados, os bombeiros do Parque Comarcal de Carballo procederon á limpeza da vía.

Completaron o operativo os corpos da Garda Civil de Carballo, Garda Civil de Tráfico da Coruña, 061 e voluntarios de Protección Civil de Carballo.


 

Comentarios