Aida Tarrío, Mondra, Fran Sieira e Cristina Canosa estrean bailando o FIOT

Algúns dos membros de Un Baile Ceibe

Hoxe, xoves 4 de setembro, empeza o Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo. Faino cunha especial presentación da programación completa da súa 34ª edición. A cita será a partir das 19.30 horas no Auditorio do Pazo da Cultura, cun acto aberto a todos os públicos que contará co espectáculo Un baile ceibe, de Fran Sieira Compañía de Danza. Unha peza protagonizada por Aída Tarrío (Tanxugueriras), Martín Mondragón (Mondra), Cristina Caonosa e Fran Sieira.
 
Este acto é o primeiro encontro do FIOT neste 2025 cos espectadores, cos socios de Telón e Aparte, co voluntariado do festival e coas institucións e entidades colaboradoras para presentarlles directamente a nosa 34ª edición. Visibilizando o lema desta edición, a raíz como forza conformadora da nosa identidade propia e colectiva, a relevancia da memoria e do noso patrimonio como nutrientes esenciais que fundamentan o noso futuro, contaremos cun espectáculo en directo dunha das compañías galegas de danza máis interesantes do momento, Fran Sieira Compañía de Danza.
 
Na aposta do festival polo apoio e a visibilización do talento local a través da apertura a proxectos participativos, acompañarán á compañía no escenario unha vintena de bailadoras de grupos de entidades culturais de Carballo, membros de grupos de grupos de Baile tradicional da Asociacións Nemeth e do Alprende, que asistiron a un obradoiro previo impartido polo coreógrafo. 

 

Máis novas