O FIOT, de novo entre os 5 mellores proxectos culturais de Galicia

10:07 01/02/25
Non esquece xa o prestixioso ‘Observatorio de la Cultura’ da Fundación Contemporánea ao Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo (FIOT). Xa son 3 anos entre os 5 mellores, pois en 2022 foi escollido como Mellor Proxecto Cultural, e o ano pasado quedou de 5º. Este ano, o Observatorio sitúa o ciclo carballés na 4ª praza, posto que comparte con outro festival, o de Escenas do Cambio de Santiago de Compostela, e con The MOP Foundation, coa súa exposición dedicada ao fotógrafo Irving Penn.
Deste xeito, posiciónase, xunto a Escenas do Cambio, como o festival de artes escénicas máis valorado da comunidade galega en 2024.
