A Asoc. Telón e Aparte, organizadora do FIOT, recibiu o Premio Rodolfo Prada á Xestión Cultural a Colectivos Afeccionados

A Asociación Cultural Telón e Aparte, organizadora do Festival Internacional de Teatro de Carballo (FIOT), foi recoñecida co Premio Rodolfo Prada á Xestión Cultural 2024 da Deputación de Ourense. Foi Antón Rodríguez, vicepresidente da Asociación, a que recolleu o premio na cerimonia de entrega que se celebrou esta mañá de martes en Ourense.
Telón e Aparte recibiu o premio na categoría ‘persoas voluntarias ou colectivos afeccionados’, polo compromiso do FIOT coas artes escénicas e cos proxectos teatrais de máis prestixio ao longo das máis de tres décadas de vida.
A carballesa foi escollida polo xurado entre 19 propostas e recibirá un premio de 2.000€.
A gala desenvolta no Centro Cultural Marcos Valcárcel estivo presidida polo vicepresidente segundo e deputado de Cultura, César Fernández, participa no acto de entrega dos premios Rodolfo Prada.
Tamén participan Anxo Lorenzo Suárez (Secretario Xeral de Políticas Culturais), José Manuel Freiría Rodríguez (Membro do Xurado), Carlos Lorenzo Pérez (Membro do Xurado), Francico González (Asociación Rodolfo Prada Chamochín), e os premiados Eduardo Rodríguez (Café Latino - Ourense), FITOS - Asociación Cultural Telón e Aparte, Carlos Lorenzo (Concello de Carral - Certame de Poesía), Oscar Penín (Ruralisto), Francisco Matías (Compañía Teatro Caracol) e Diego Vázquez Meizoso (Camino Escena Norte).