xoves. 14.08.2025
El tiempo

A IX edición do Certame Micro-Escenas M2 do FIOT xa ten finalistas

Alicia Wants To BENGALA
Imaxe do espectáculo "Alicia Wants To", de Bengala Teatro
A IX edición do Certame Micro-Escenas M2 do FIOT xa ten finalistas

A IX edición do Certame Micro-Escenas M2 do FIOT ten xa finalistas. O Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo deu a coñecer os nomes dos espectáculos experimentais de pequeno formato que foron seleccionados como finalistas do certeme e que poderán verse este mes de outubro durante a celebración da 34º edición do FIOT. 

Entre as 25 propostas recibidas, as 6 pezas seleccionadas (das cales, 5 serán estreas absolutas) son: Domitila, de Amparo Martínez; Só son unha moza com rabiade Silvia Bátega; O novode Dani Blanco; Coversde Corifeo Teatro; Alicia Wants Tode Bengala Teatro; e Gracias por su visitade Uxía Algarra. Son propostas que xogan coas artes do movemento, o teatro físico, o teatro de obxectos, o teatro inmersivo, o teatro-clown, a performance cerámica…

Os espazos escénicos singulares

Certame Micro-Escenas M2 é unha iniciativa de teatro de proximidade, primeira creada en Galicia, que busca visualizar novos formatos e experiencias escénicas, así como apoiar a compañías e creadores emerxentes. As propostas finalistas neste 2025 poderán verse en espazos non convencionais e singulares de Carballo durante as fines de semana do #FIOT34: a tenda de fotografía e servizos dixitais Interfilm Carballo, o Parque das Camelias, a Residencia de maiores da praza de Vigo, a terraza do Pazo da Cultura ou a rúa do Sol. A entrada é libre ata completar a capacidade de cada espazo.

O Xurado

O xurado de profesionais das artes escénicas desta IX edición do Certame Micro-Escenas Mestivo integrado por Kirenia Martínez, mediadora cultural, directora, bailarina e coreógrafa; Camilo Franco, escritor, crítico teatral, xornalista e director de Culturgal; Alba Bermúdez, actriz e integrante da compañía Galeatro; Carmen Castro, directora artística do FIOT e xefa do Servizo de Cultura do Concello de Carballo; e Xiana Márquez, membro da organización do FIOT e monitora cultural da concellaría de Cultura o Concello de Carballo, en calidade de secretaria do xurado e sen voto.

CALENDARIO REPRESENTACIÓNS IX CERTAME MICRO-ESCENAS MNO #FIOT34

Sábado 11 de outubro

Ás 12.00h, 13.00h, 17.30h e 18.30h

AMPARO MARTÍNEZ: Domitila ESTREA ABSOLUTA
Lugar: Interfilm Carballo (avenida das Flores, 1, baixo)

SILVIA BÁTEGA: Só son unha moza con rabia ESTREA ABSOLUTA
Lugar: Parque das Camelias (rúa das Camelias, s/n)

Sábado 18 de outubro
Ás 12.00h, 13.00h, 17.30h e 18.30h

DANI BLANCO: O novo ESTREA ABSOLUTA
Lugar: Residencia de Maiores (praza de Vigo, s/n)

CORIFEO TEATRO: Covers ESTREA ABSOLUTA
Lugar: Pazo da Cultura (rúa do Pan, s/n)

Sábado 25 de outubro
Ás 12.00h, 13.00h, 17.30h e 18.30h

BENGALA TEATRO: Alicia Wants To ESTREA ABSOLUTA
Lugar: Rúa do Sol, 46

UXÍA ALGARRA: Gracias por su visita
Lugar: Terraza do Pazo da Cultura (rúa do Pan, s/n)

Comentarios