Aloumiños ofrece a monitores un Curso de Diversidade Funcional e Tempo Libre
As persoas da comarca que sexan directores e monitores titulados en tempo libre ou profesionais do eido do ocio, poderán complementar a súa formación cun novo curso que ofrece a Asociación Aloumiños. Da man de José A. Rama, Terapeuta Ocupacional do CDI Pasitos, ofrecen o Curso para Formación en Diversidade e Tempo Libre, que se desenvolverá o días 6 e 13 de novembro en horario de 9:30 a 14:30 e de 16:00 e 21:00 horas, no Espazo Xoven de Carballo.
Un curso para traballar en actividades de lecer e tempo libre con persoas con diversidade funcional, aprendendo novas habilidades, coñecementos e técnicas para tratar o ocio fomentando a inclusión.
Os interesados (o prezo para socios é de 65€ e para non socios de 100€) poden cubrir este formulario de inscrición.