Mércores. 01.04.2020
El tiempo

As escolas de Bergantiños celebran outra semana de igualdade

Alumnado IES Isidro Parga Pondal participante no proxecto Wisibilizalas
Alumnado IES Isidro Parga Pondal participante no proxecto Wisibilizalas
As escolas de Bergantiños celebran outra semana de igualdade

Aínda se escoitan os ecos do Día Internacional da Muller nas escolas. Por Bergantiños, son varias as iniciativas singulares que vimos de coñecer.

Wisibilizalas en Carballo

Dende o IES Isidro Parga Pondal, co ánimo de motivar para que as alumnas se animen a estudar carreiras de ámbito STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas) veñen de realizar unha actividade ben singular. O alumnado de 2º Bacharelato da optativa de TICS (Tecnoloxía, Informática e Comunicacións), orientado e guiado pola súa profesora Leticia Riestra Ainsua, están a traballar nun proxecto chamado Wisibilízalas. Este proxecto englóbase dentro do concurso internacional do mesmo nome organizado pola Universidade Pompeu Fabra de Barcelona, o cal está dirixido a colexios e institutos de España e Latinoamérica. Serve para romper estereotipos de xénero asociados ás carreiras STEM, e par potenciar referentes femininos científicos aprendendo a traballar dentro das novas tecnoloxías.

O alumnado leva varios meses preparando unha páxina Web no que reflicte o contido das diferentes entrevistas que fixeron a mulleres relevantes tanto de maneira presencial como a distancia, ademais de ir publicando no tw da @bibliotecaRebolo, novas do sector. O 1 de abril coñecerán se conseguen acadar algún premio que consiste nun importe monetario para o centro. Na seguinte ligazón tedes un vídeo resumen do que levan feito ata o momento.

 

O IE Urbano Lugrís cambia o conto

Onte tivo lugar a presentación do libro 'Cambiando o conto' no IES Urbano Lugrís. Non quixo perder a ocasión de ver como reaccionan as crianzas ante estas novas versións politicamente correctas, dos contos tradicionais, a concelleira de Igualdade, Leticia Varela.

Ademais, este xoves, o Concello de Malpica adicará a terceira xornada do programa ‘Fórmate en positivo’ á temática da igualdade. A sesión terá lugar no Centro Cívico mañá, xoves 12 de marzo, de 17:00 a 18:30 horas.

Contos de igualdade en Malpica

As "Axendas Escolares contra as violencias" nos coles de Coristanco

Axendas escolares de igualdade nos Coles de Coristanco

As "Axendas Escolares contra as violencias" foi un proxecto desenvolto dirixido ao alumnado dos colexios CPI Alcalde Xosé Pichel e o CEIP de Bormoio- Agualada. Neste os rapaces actuaron como axentes dinamizadores do cambio e sensibilizáronse ante a resolución das desigualdades de xénero. Deseñaron unha axenda de uso persoal que utilizarán durante todo o ano con contido comprometido coas oportunidades de homes e mulleres e contra a violencia de xénero.

A libreta da igualdade dos Coles de Coristanco

Unha superwoman na Ponte do Porto

María Reimondez a Superwoman do IES Pedra da Aguia

No IES Pluringüe Pedra da Aguia, para conmemorar que o domingo foi o Día Internacional da Muller, estanse levando a cabo diferentes actividades esta semana. Desde a área de Dinamización da Lingua Galega e en colaboración coa biblioteca do centro programouse para o martes 10 de marzo un coloquio coa escritora e activista María Reimóndez. O alumnado de segundo de ESO leu a súa novela xuvenil Fóra do normal, que aborda temáticas como a igualdade, o respecto polas persoas de todas as oritentacións sexuais, a transexualidade e os estereotipos de xénero peresentes aínda na sociedade actual. Este encontro é unha das accións previstas para o presente curso en relación coa promoción da igualdade de xénero; outras moitas estarán enmarcadas dentro do Plan PROXECTA Por 365 días de respecto e igualdade.

Bicicleta de Igualdade

Aínda que o uso da bicicleta está a aumentar, e dun xeito especial entre as mulleres, a brecha de xénero persiste, xa que, segundo o “Barómetro da Bicicleta”, a maioría das persoas que non saben andar nela son mulleres. Normalizar o seu uso, máis cando durante moito tempo a bicicleta foi un elemento liberador para as mulleres, é o obxectivo da próxima proposta da Concellaría de Igualdade dentro do programa conmemorativo do Día da Muller. De aí que este sábado haia unha actividade para aprender a montar. O prazo de inscrición está aberto no teléfono 981 700 688 ou no correo electrónico [email protected]

Bicicleta de igualdade

Todas as Novas sobre Igualdade

comentarios