xoves. 15.05.2025
El tiempo

Arranca a 12ª edición de Berocasión

Arranca a 12ª edición de Berocasión
berocasion-carballo-2017 Sete talleres participan na 12ª edicióin de Berocasión que será mañá e o domingo no parque Rego da Balsa de Carballo Esta fin de semana o parque do Rego da Balsa de Carballo acolle a 12ª edición de Berocasión na que se poñerán á venda entre 290 e 300 vehículos. “Berocasión é a feira do sector de referencia en Galicia”, e tal como aseguran as empresas participantes, non só consigue manterse, senón ir a máis en cada edición. Nela participan Automóbiles Dimolk, M. Caeiro Renault, Talleres J. Lema, Miguel Auto, Rebalcars, Automóbiles Vilas Rama e Grupo Breogán-Toyota. Onte tivo lugar a presentación da feira coa participación de representantes tanto dos concesionarios e talleres como do concello de Carballo, que desde a concellería de Promoción Económica vén colaborando ano tras ano. O concelleiro delegado da área, Xosé Regueira, expresou o seu desexo de que a reactivación da economía empuxe tamén as vendas, “e que as cifras ao remate da fin de semana sexan rendibles para o sector”. Belén Lendoiro, alcaldesa en funcións, destacou a importancia de Berocasión en Galicia e expresou o seu desexo de que, despois da mala época que viviu o sector, eventos deste tipo contribúan á súa revitalización. Nese sentido fixo un convite xeral a aproveitar a fin de semana para visitar Berocasión e Carballo. Descontos Motivos non van faltar, porque, como explicou Primitivo Reguera, representante do sector, non só vai haber moitos vehículos, senón tamén moitas vantaxes: descontos de 500 a 1.500 euros nos prezos, condicións especiais de financiación e, ademais, este ano “pechamos o círculo ofrecendo tamén boas condicións en seguros”, anunciou. Por todo ilo, os empresarios agardan “que as cifras sexan polo menos como as do ano pasado”, no que se realizaron 51 operacións. Nese sentido, Juan Lema engadiu que o “efecto feira” prolóngase máis alá da fin de semana, normalmente ata fin de ano. Na presentación de Berocasión 2017 falouse tamén da situación do sector do automóbil, que, como comentou Marcos Díaz Molk, “despois da forte caída que se produciu no ano 2008, cun descenso do 50%, fomos medrando paulatinamente e agora estamos nun momento de estabilización do mercado”. O aumento do traballo autónomo, na opinión de Juan Lema, é un dos factores que está a axudar, pero tamén contribúe, segundo o sector, o cambio experimentado nestes anos no mercado do vehículo de ocasión. “Hoxe en día o mercado de ocasión é un mercado de coches case novos: quilómetro cero, coches con 30.000 ou 40.000 quilómetros... E que ás veces levan incluso máis garantías que un novo”, asegurou Primitivo Reguera.  

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Concello de Carballo

Comentarios