Arranca a quinta edición do Outono en Marcha de Senda Nova
08:10 20/10/16
Este domingo arranca o 5º "Outono en Marcha" da asociación Senda Nova; un programa de roteiros no que se pon en valor a riqueza ambiental e cultural da Costa da Morte. Así o manifestaron os organizadores durante o acto de presentación da actividade que tivo lugar o pasado martes en no centro sociocultural de Vilaño, en A Laracha,
Están programados seis roteiros que darán conta do rico patrimonio co que contan os concellos de A Laracha, Carballo, Coristanco e Malpica. Así na primeira saída, que será este domingo día 23, faráse un percorrido pola "Senda das Capelas" de A Laracha.
A dinámica de inscrición será sempre a misma. Os interesados en participar deben anotarse na base de Protección Civil de Carballo, no departamento de cultura e deportes do concello de A Laracha, no CEIP de Bormoio (Agualada) ou no pazo da Cultura carballés. O prazo de inscrición remata dous días antes do propio roteiro. E o custe é de 6€ para os maiores de idade, 3€ para os menores de idade e para os socios e 1€ para os socios menores de idade.
Os interesados en participar poden obter máis información en www.sendanova.org, no enderezo electrónico [email protected] ou no número de teléfono 696 155 232.
Imprimir
Novas relacionadas
- Senda Nova presenta a quinta edición do Outono en Marcha
- Carballo e Senda Nova, os únicos costeiros que se mollan polos ríos
- A natureza e o asociacionismo danse da man nas xornadas Abrindo Camiño de Senda Nova
- Xan Fernández Carrera inaugura as xornadas Abrindo Camiño de Senda Nova
- Senda Nova, 10 anos Abrindo o Camiño da ecoloxía e o patrimonio
- Unha expedición de mozos de Senda Nova, de viaxe ambiental a Eslovaquia.
- Máis de 200 persoas participan nas xornadas de Interpretación dos Bosques de Senda Nova.
- Redacción QPC ([email protected])
- Senda Nova