Mércores. 16.10.2024
El tiempo

O artista carballés Andrés Urbieta estréase na casa

Andres Urbieta
Andrés Urbieta en faena
O artista carballés Andrés Urbieta estréase na casa

Este domingo 15 de outubro as 13:30 horas o artista Carballés Andrés Urbieta inaugurará no Estudo Garabato de Carballo a exposición "Trazados de un artífice Plastico”. Trátase da súa primeira exposición individual, unha serie de obras realizadas durante a súa formación académica.

Andrés Urbieta (Carballo, 2001), acaba de rematar os seus estudos e ten no seu haber numerosas exposicións colectiva, asi como diferentes premios na súa corta traxectoria.

En palabras do propio artista: “O fío condutor da miña obra trata dunha análise na experiencia do próximo e do cercano sobre o noso entorno, é decir, o lugar que nos define. De modo qie a produción das miñas ideas artísticas emerxen da cidade e das súas paisaxes circundantes. O espazo habitado pasa a ser un obxeto de reflexión, busco nel unha maneira de navegar sobre a materialidade explícita da ciudad, orixinando unha nova reinterpretación do noso lugar.
Ademaís, parto da idea da cidade como un sistema complexo de signos e símbolos en interacción constante, e a manera de interpretalos e entendelos, convírtese na miña línea de traballo tanto na pintura como na escultura.
Como consecuencia desa mobilidade que hai día a día na cidade, nace un interese por analizar os obxetos que se van acumulando causado pola contaminación. Esa proliferación de residuos convirtiese na miña nova paleta como pintor e empezo a traballar obras inspiradas na paisaxe, neste caso a partir de carteis encontrados e outros elementos. Moitos dos materiais recollidos foron utilizados en parte do proceso creativo despois de explorar suas características. No material de reciclaxe existe unha amalgama de características que e necesario seleccionar. A idea de sumar ou restar obxectos xurde da miña valoración e criterio, teño presente os rasguños producidos pola súa descomposición.
Os proxectos mostran unha especie de novo escenario no que está incidido pola xuxtaposición e a mestura de materiais e outras técnicas como collage, fotografía e pintura captada desde a miña visión. Ademais, este intento de facer convivir o obxecto na obra tamén reflexiona sobre a cidade como medio de interpretación no que as mensaxes, a cotidianidade e a publicidade adicional son temas recorrentes que afectan á nosa realidade. Implicitamente, as miñas obras teñen un fin ecolóxico. Moitos dos materiales recollidos son desperdicios, carentes de valor, que campan a suas anchas como consecuencia dunha sociedade consumista que prolifera a contaminación do medioambiente.

Comentarios