Domingo. 28.04.2024
El tiempo

Así doa Carballo: 10 prendas de roupa por persoa

Punto de recollida de roupa usada de Humana na Avenida Bergantinos de Carballo
Punto de recollida de roupa usada de Humana na Avenida Berganti´os
Así doa Carballo: 10 prendas de roupa por persoa

Cada ano, dene 2016, fai valoración a Fundación Humana da roupa doada polos carballeses nos seus contedores. E as cifras son tremendas. Nos últimos oito anos recolléronse 629.483 quilos de téxtil, que equivalen a 2,5 millóns de prendas que, doutro xeito acabarían na incineradora de Sogama.

O pasado 2023, foron un total de 82.486,20 quilos de roupa os doados pola veciñanza, que equivalen a 334.000 prendas, algo máis de dez por persoa.

Nestes momentos hai 34 puntos de recollida de téxtil no concello carballés, 15 deles situados na zona rural. Carballo conta cun contedor por cada 1.000 habitantes, mentres que a media española é de un por cada 5.000.  Os máis utilizados son os situados na rúa Perú, xunto ao Centro Comercial Bergantiños; na avenida do Ambulatorio e na rúa Eduardo Pondal.

Percorrido da roupa

Dos contedores, a roupa vai trasladada a Madrid. Unha vez clasificado na planta que ten Humana en Leganés (Madrid), o 50% do téxtil pode reutilizarse, e máis do 35% é reciclable. A reutilización da roupa contribúe á redución das emisións de CO2: por cada kg de roupa recuperada evítase a emisión de 6,1 kg de CO2, segundo un estudo da Federación Humana People to People.
Doutra banda, os recursos obtidos coa xestión do residuo téxtil permiten a creación de empregos verdes (Humana xera un emprego indefinido por cada 30 toneladas de téxtil recolleito) e financian programas de desenvolvemento nos países do Sur da man de socios locais.

Máis novas

Comentarios