Venres. 26.04.2024
El tiempo

Aspaber intercambia experiencias cun centro de educación especial irlandés

visita-aspaber-centro-educacion-especial-irlanda
Profesionais do centro de educación especial St'Itas Drogheda de Irlanda están estes días de visita en Aspaber
Aspaber intercambia experiencias cun centro de educación especial irlandés

O equipo directivo e parte do claustro do centro de educación especial St'Itas Drogheda de Irlanda están estes días de visita nas instalacións de Aspaber - Asociación de Pais de Discapacitados Psíquicos de Bergantiños - co fin de intercambiar experiencias e facer unha posta en común da formación en competencias tecnolóxicas e dixitais.

Segundo indican os profesionais de Aspaber, durante este encontro abordarán os perigos, o mal uso e o abuso das tecnoloxías así como unha procura de tecnoloxía individualizada dirixida ás persoas con capacidades diferentes. "A finalidade deste encontro é a elaboración e a creación dun banco de materiais didácticos que poidamos compartir e lavar a cabo nas nosas aulas", sinalan dende Aspaber. 

Comentarios