Domingo. 05.05.2024
El tiempo

Aspaber seguirá limpando as rúas de Carballo

Aspaber seguirá limpando as rúas de Carballo
Aspaber seguira limpando Carballo

Integrar tamén é traballar. E con esa premisa, a Asociación de Pais de Discapacitados Psiquicos de Bergantiños Aspaber leva varios anos sendo a encargada da limpeza viaria no Concello de Carballo. Acordaron onte no Concello a ampliación do contrato administrativo de servizo público, unha vez que era por 10 anos e Aspaber, que podía solicitar unha prórroga, así o fixo.

Dende que en 2004 Aspaber-UTE se convertera da adxudicataria, téñense ido ampliando algúns dos servizos ofrecidos, de tal xeito que hoxe en día encárgase, ademais da limpeza viaria en todo o municipio, do lavado de colectores no medio rural; do mantemento e limpeza a presión das prazas do Concello; da colocación de sinais en rúas; da colocación de papeleiras; da reparación de colectores; da colocación de espellos; ou da reparación e pintado de mobiliario urbano, entre outras accións de limpeza e mantemento. Tamén hai que lembrar que dende primeiros de 2014 Aspaber-UTE encárgase da limpeza dos centros de ensino do municipio despois de gañar o concurso convocado polo Concello.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios