Atacado polas velutinas logo de pisar un niño co seu tractor
07:13 21/11/17
Os bombeiros de Carballo retiraron o niño de vespas velutinas que se atopaba no chan no medio da maleza
As velutinas volveron a protagonizar onte outro episodio de alerta. Nesta ocasión, o incidente coas vespas asiáticas tivo lugar en As Torres, na parroquia carballesa de Oza. Ao parecer, un veciño que estaba a traballar cun tractor pasou co vehículo por riva dun niño destes insectos. Ante o ataque de picaduras, o conductor tivo que marchar para o centro sanitario de Carballo deixando o seu tractor encendido.
Foi aí, cando interviu o equipo de bombeiros de Carballo que se encargou de apagar a máquina e de retirar o niño de velutinas que estaba no chan no medio da maleza. Na intervención participaron un cabo e dous bombeiros cos seus debidos equipos de protección.
Novas relacionadas
- Malpica colle o relevo de Santa Comba na loita informativa contra a avespa velutina.
- O servizo de control de pragas de Carballo retirou 380 niños de vespa velutina no que vai de ano.
- A loita contra a avespa velutina xa enche ata os auditorios
- Os voluntarios de Protección Civil de Malpica retirou medio centenar de avespa velutina.
- O pioneiro servizo municipal de control de praga de Carballo elimina 118 niños de avespa velutina nun mes.
- “Os Concellos estamos atados para loitar contra a avespa velutina”.
- Agosto 2017: Santa Comba recibe un novo traxe para loitar contra a avespa velutina.
- Maio 2017: Santa Comba aposta polas trampas contra a avespa velutina.
- Marzo 2017: Carballo probou a innovadora trampa de Ernesto Astis para a avespa velutina.
- Xaneiro 2017: Un Modesto repaso aos costumes avespa velutina.
- Xullo 2016: Cee contra as avespas e abellas.
- Outubro 2015: Avespa velutina: Aprendendo a convivir co inimigo.
- Agosto 2015: Outro verán de avespa asiática na Costa da Morte.
- Agosto 14: A avespa asiática chega a Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected])
- Bombeiros de Carballo