Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Augas e Carballo unen forzas para recudir o risco de inundacións do Anllóns

Augas e Carballo unen forzas para recudir o risco de inundacións do Anllóns

Temporal de auga e xa é clásica a imaxe do Anllóns desbordado polo centro de Carballo, zona calificada como ARPSI (área con risco potencial significativo de inundación). Para solventar esta situación, despois de 4 anos de lentos pasos, Augas de Galicia e o Concello de Carballo veñen de asinar un convenio, que inclúe o derrubo dun edificio na rúa Sol e as reformas do parque do San Martiño e da ponte da Casilla.

Son case 3 millóns de eiros, co-financiadas nun 80% a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), que tamén provocará a realización dun bypass no Muíño do Quinto, actuación que xa está en marcha.

O orzamento das actuacións está estimado en tres millóns de euros, que se investirán en tres anualidades: 280.000 no 2021; 1.360.000, no 2022, e 1.360.000, no 2023.

Plan de obras

Unha vez analizado o plan de obras para os 3,4 millóns de remanente, contamos que o Concello xa puxo en marcha o proceso de contratación polos primeiros 1.400.000 euros, como son a Accesibilidade en beirarrúas da zona A Milagrosa e a Avenida Ponte da Pedra; a rede de saneamento e abastecemento de auga aos lugares de Leboreo, Requeixo e A Rega, na parroquia de Bértoa; a rede de saneamento e abastecemento de auga en Cambre de Lema e Cambrelle-Razo; a reforma do centro social do barrio da Milagrosa, ou a substitución de cuberta e revestimento da fachada do pavillón deportivo “Carballo Calero”.

Novas relacionadas

 

Comentarios