Domingo. 15.09.2019
El tiempo

A “Aula Maker” do IES Monte Neme trasládase á Cidade da Cultura

Alumnado da Aula Makers do IES Monte Neme no Congreso FP Innova Galicia
Alumnado da Aula Makers do IES Monte Neme no Congreso FP Innova Galicia
A “Aula Maker” do IES Monte Neme trasládase á Cidade da Cultura

O IES Monte Neme volve demostrar, un ano máis, o seu potencial innovador en materia tecnolóxica. Estes días, mércores, xoves e venres, volven participar no Congreso FP Innova Galicia 2019, que ten lugar na Cidade da Cultura.

Nesta ocasión acoden co proxecto “Maker Space Nemet”, premiado na pasada convocatoria pasada de proxectos de innovación no ámbito da formación profesional, na modalidade B (Convocatoria de innovación 2018), trasladando a "Aula Maker" existente no IES Monte Neme á Cidade da Cultura. Un proxecto que trata de achegarlle o mundo Marker ao alumnado de educación secundaria, bacharelato e formación profesional, permitindo que tecnoloxías como a impresión 3D, o serigrafado láser e o gravado en madeira con CNC poidan chegar a todas as aulas.

Aula Makers do IES Monte Neme no Congreso FP Innova Galicia

O coordinador do proxecto, o profesor da de especialidade de Sistemas Electrónicos Germán Tojeiro e o profesor de Tecnoloxía Jorge Cebey, xunto co alumnado de 1º de Ciclo Superior de Mantemento Electrónico, en colaboración coas empresas de Carballo Allnet Ibérica e Bricogeek, serán os encargados de atender o stand e coordinar os obradoiros ofrecidos polo centro aos visitantes e empresas que participan no Congreso. Contarán tamén coa colaboración do profesorado do departamento de Fabricación Mecánica.
En concreto, o IES Monte Neme colabora na organización do obradoiro Tecnoaula.

IESMonteNemeSet5MarkerSpaceNemet1

Un Congreso para potenciar a FP

O FP Innova Galicia 2019, Congreso de Innovación na Formación Profesional chega á súa cuarta edición, como referente na difusión da innovación didáctica e tecnolóxica, da transferencia de coñecemento e da capacidade de emprender na que está imnersa a formación profesional galega.

Lembran dende a Consellería que as ensinanzas de formación profesional están a formar profesionais altamente capacitados que dan resposta ás necesidades dun tecido económico cada vez máis especialidado, acadando unha alta taxe de inserción laboral das persoas tituladas nestas ensinanzas, superior a un 80%.

Vindeiras xornadas no IE Monte Neme

Entre o 20 e o 31 de maio no IES Monte Neme está prevista a organización de diversas xornadas de portas abertas, obradoiros e charlas informativas dirixidas a alumnado, familias e empresas, co obxectivo de dar a coñecer a oferta e as novidades nas ensinanzas de Formación Profesional. No mes de xuño abrirá o prazo de matrícula para poder cursar ciclos formativos.

Novas relacionadas

Comentarios