Venres. 29.03.2024
El tiempo

Avanzan as obras do Parque Comercial A Revolta e da súa rotonda

Consideran que o Centro abrirá antes do verán de 2023
Obras parque comecial revolta carballo
Obras parque comecial A Revolta
Avanzan as obras do Parque Comercial A Revolta e da súa rotonda

Non será no Nadal deste ano como tiñan previsto, pero as obras do Centro Comercial A Revolta continúan avanzando. Será antes do verán de 2023 cando se abra, e seguro que xa terá un Mercadona, unha lotería, un Sprinter ou un JYSK, a tenda de mobles danesa.

Os promotores (a empresa Hierros Añón e outros empresarios da zona) contan con poder chegar a 135.000 clientes de toda a contorna, e facerse referente comercial neste momento de declive de boa parte dos centros comerciais ao uso da provincia.

Unha parte fundamental do proxecto é a mobilidade, pois segundo o propio estudo feito pola promotora, o tráfico rodado nese ámbito podería duplicarse nun prazo de 20 anos. Nese sentido, o Concello carballés xa comezou as obras da rotonda que regulará o acceso.

02092022 obras_rotonda_revolta
Visita municipal ás obras da rotonda

A glorieta contará con 4 ramais, 3 activos dende o primeiro día: os dous da estrada AC-552 e o da rúa Laranxeiras, que constitúe o acceso ao sector comercial. O cuarto, previsto no PXOM para o cuadrienio 2028-2032, permitirá no seu momento continuar a rúa Alfonso Daniel Rodríguez Castelao ata ese punto da avenida da Revolta, pechando a ordenación do solo urbano cara o parque fluvial da Cristina.

As obras da rotonda son executadas por Excavaciones y Obras Candal, cun orzamento de 197.218,86 euros e un prazo de execución de cinco meses.

Novas relacionadas

Comentarios