xoves. 12.02.2026
El tiempo

Axober invita á hostalería da comarca a coñecer o deseño e eficiencia de cociñas profesionais

Cocinas profesionais con Axober
Axober invita á hostalería da comarca a coñecer o deseño e eficiencia de cociñas profesionais

A Asociación de Xóvenes Empresarios de Bergantiños (Axober), coa intención de axudar a mellorar e profesionalizar da hostalería da comarca, organiza unha nova xornada técnica dirixida ao sector hostaleiro e de restauración baixo o título “Deseño e eficiencia nas cociñas profesionais”, que terá lugar o martes 24 de febreiro ás 17:30 horas no Fórum Carballo.

A sesión será impartida Marcos Roig, Director Comercial de Grupo Roig, empresa especializada en equipamento e proxectos integrais de cociñas profesionais, con ampla experiencia no deseño de cociñas para establecementos hostaleiros en Galicia.

Durante a presentación abordaranse aspectos clave como a correcta distribución dos espazos, a selección de materiais axeitados e os criterios actuais de eficiencia que permiten optimizar o funcionamento diario dunha cociña profesional.

Trátase dunha actividade orientada a profesionais, empresas e persoas interesadas en mellorar a planificación e o rendemento das súas instalacións, así como en coñecer solucións actuais aplicadas no sector.

A xornada é gratuíta e aberta ao público profesional, cun límite de 25 prazas que se cubrirán por orde de inscrición, tendo prioridade as persoas asociadas a Axober. A duración aproximada será de 75 minutos e, ao rematar, ofrecerase un pequeno aperitivo aos asistentes, que correrá da man do alumnado de FP Básica de Hostalería de Carballo.

As inscricións poden realizarse a través da web www.axober.org ata o venres 20 de febreiro.

Comentarios