Martes. 15.10.2024
El tiempo

A Biblioteca Rego da Balsa acolle un ciclo documental sobre a loita obreira nas minas asturianas

ciclo-documental_mineria-carballo
A Biblioteca Rego da Balsa acolle un ciclo documental sobre a loita obreira nas minas asturianas

Os días 5 e o 26 de maio e o 9 de xuño, ás 20.00 horas, a Biblioteca Rego da Balsa de Carballo acolle co gallo do 1 de maio, un ciclo de documentais sobre o movemento obreiro nas cuncas mineiras. A Concellaría de Cultura quere lembrar que este ano se conmemora o 60º aniversario da folga mineira de Asturias de 1962, clave para mobilizar máis de 300.000 en todo o estado.

Xa este xoves 5 de maio proxectarase “Mines de Figareo, memoria d’unha llucha”, baseada en feitos sucedidos entre os anos 1978 e 1980 en Asturias.

O 26 de maio toca “Los labios apretados”, baseada nos feitos sucedidos durante a revolución de 1934.

E xa o 9 de xuño, a “rotagonista será “Remine”, baseada en feitos acaecidos no ano 2012, cando máis de 4.000 mineiros declaran unha folga indefinida contra os recortes históricos aprobados polo goberno.

Comentarios