Blanca Portillo recibiu o seu Premio do Público do FIOT
A 31ª edición do Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo - FIOT pechábase esta fin de semana tras máis dun mes de actividades. E o fixo cun momento moi especial, coa entrega do seu galardón Premio do Público 2015 a Blanca Portillo, que gañou polo espectáculo El testamento de María. O acto tivo lugar esta velada trala función da súa nova obra ’Silencio’, do dramaturgo Juan Mayorga, no Pazo da Cultura de Carballo.
O Premio do Público é un galardón que, como o seu nome indica, conceden os espectadores do FIOT a través da súa valoración dos espectáculos ao rematar cada función. celébrase desde hace 26 anos e entrégase cando a compañía ou artista premiado regresa ao festival coa súa nova producción, xa que este regreso é o compromiso que o FIOT adquire co público que vota: traer o próximo espectáculo do galardoado ou galardoada de novo a Carballo.
Na 24º edición do FIOT participaron no Premio do Público 13 espectáculos do programa de sala e do ciclo OTNI e El testamento de María obtivo unha puntuación de 4,65 sobre 5 puntos.