Martes. 23.04.2024
El tiempo

O BNG carballés esixe actuacións urxentes no esfolado Salón de Actos do IES Alfredo Brañas

ies_alfredo_branhas Salon de Actos desfeito
O BNG carballés esixe actuacións urxentes no esfolado Salón de Actos do IES Alfredo Brañas

Está que se cae, literalmente, o salón de actos do IES Alfredo Brañas. E para intentar solucionar a problemática, o BNG vai presentar varias iniciativas parlamentarias para que a Xunta acometa ca maior brevidade o arranxo integral do auditorio, así como asuma a rehabilitación das fachadas do edificio para evitar o perigo certo de caída de cascotes.

O BNG denuncia o “desleixo” da Xunta para co centro carballés, que xa ten informado en varias ocasións de que en xuño caía o teito, provocado, posiblemente, polas humidades e por unha praga de avelaíña. Ese mesmo mes a Xunta realizaba unha visita, e pasados 5 meses nada se sabe do proxecto de rehabilitación.

Unha situación que provocou o peche dunha instalación como poucas hai na comarca. O patio de butacas ten capacidade para 294 persoas, e o “galiñeiro” para outras 119. Case máis que o Pazo da Cultura.

O Centro, que cumple 50 anos, conta con 620 alum@s e agarda recuperar o espazo para realizar actividades.

Estado do Salon de ACtos do IES Alfredo Branas de Carballo

Comentarios