Os Bombeiros de Carballo sufocaron o incendio dun tractor en Coristanco e dun garaxe en Queo

Dúas incidencias tiveron que atender no día de onte os Bombeiros de Carballo
Ás 13:16 foron avisados polo CIAE 112 dun incendio nun tractor na estrada que comunica Verdes con Cereo, no Concello de Coristanco. Á súa chegada xa estaba un membro de Protección Civil de Coristanco realizando a extinción así que continuaron os traballos de extinción e enfriamento, para o que empregamos auga a presión e escuma. O tractor non chegou a arder por completo pero quedou moi danado. Segundo o propietario, ía circulando cunha carga de area e o tractor comezou a arder. Non houbo danos persoais.

Ás 20:14 os Bombeiros do Parque provincial carballés foron alertados dun incendio no garaxe dunha vivenda unifamiliar de Queo de Arriba, no Concello de Carballo. Indicaban na chamada que había persoas no interior da vivenda. Unha vez no punto, as persoas estaban no 1º andar da vivenda pero nunha zona segura xa que tiñan unha terraza traseira moi ampla. Os Bombeiros extinguiron o lume, que estaba localizado nunha esquina do garaxe e preto do portalón de entrada, na zona onde estaban situados os cadros eléctricos.
Na intervención colaborou unha patrulla da Policía Local, un Policía fóra de servizo e tamén o SMPC Carballo e a Garda Civil. Urxencias Médicas desprazou unha ambulancia de SVB pero non tivo que intervir.