venres. 07.02.2025
El tiempo

Os Bombeiros rescatan un home que caera no seu domicilio en Carballo

Bombeiros entrando nun domicio de Carballo
Os Bombeiros rescatan un home que caera no seu domicilio en Carballo

Esta pasada noite de sábado, os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Carballo tiveron que entrar pola fiestra nun nu piso rúa Alfredos Brañas, no Concello de Carballo, tras unha chamada pedindo asistencia sanitaria.

Na chegada ao piso localizan a un home de idade avanzada caído no cuarto de baño pero consciente, manifestando que leva dende o día anterior nesa situación.

Finalmente os técnicos da ambulancia decidiron trasladalo a un centro sanitario para valoración.

No punto estaba unha ambulancia de SVB, un membro do SMPC Carballo, unha patrulla da Garda Civil e a Policía Local.

Comentarios