Venres. 26.04.2024
El tiempo

A campaña de educación sexual de Carballo leva a caravana informativa á zona de ocio nocturno

Carballo regalara Condons na rua da estrela
A campaña de educación sexual de Carballo leva a caravana informativa á zona de ocio nocturno

Esta noite de venres, a rúa Estrela terá un stand informativo no marco da máis que necesaria campaña de educación sexual municipal. O Concello, que está a desenvolver a campaña nas aulas dos tres institutos de Secundaria, sae a rúa cargado de información sen tabúes, e de condóns.

Así, a partir das 23.00 horas, instalaremos un stand na zona dos Baños Vellos nos que se ofrecerá información e tamén material de protección aos mozos e mozas. O posto estará atendido por tres profesionais con formación específica en igualdade e violencia de xénero, que resolverán todo tipo de dúbidas. Ao mesmo tempo, co lema “Necesitas motivos para usar condón?” realizarán un reparto de paquetiños compostos por un preservativo, unha toalliña de hixiene íntima e un pequeno folleto no que se explican as vantaxes deste método de prevención das enfermidades de transmisión sexual e dos embarazos non desexados.

Comentarios