Domingo. 13.10.2024
El tiempo

Unha campaña informativa con motivo do Día Mundial de Loita contra o VIH/SIDA

Cruz Vermella repartindo condons en Carballo
Voluntari@s da Cruz Vermella repartindo condóns en Carballo
Unha campaña informativa con motivo do Día Mundial de Loita contra o VIH/SIDA
Hoxe, 1 de decembro, é o Día Mundial de Loita contra o VIH/SIDA. E a Cruz Vermella e o Concello de Carballo unen esforzos para achegar á mocidade información sobre esta enfermidade. Con ese obxectivo, entre o xoves e o venres desenvolveranse accións informativas nos tres institutos de secundaria. 

A Cruz Vermella vén de lanzar a campaña de prevención de infeccións de transmisión sexual Non é por ti, é por min. Non hai escusas. Usa protección nas túas relacións, unha acción que lembra que máis de 36 millóns de persoas morreron a causa desta enfermidade e que máis de 79 millóns resultaron infectadas. 

O obxectivo desta campaña coincide cun dos aspectos nos que incide tamén o programa de información sexual promovido polas concellarías de Mocidade, Educación e Igualdade, Benestar e Sanidade, dentro do cal leváronse a cabo enquisas nos tres centros de secundaria e campañas informativas na rúa coincidindo con eventos como o 14 de febreiro ou as festas de San Xoán. 

Para a prevención do VIH/SIDA e doutras infeccións de transmisión sexual, esta semana realizarase un reparto de materiais preventivos xunto cun pequeno folleto no que se indican os motivos polos que deben utilizarse.

Comentarios