Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Cances tamén celebra o seu Nadal

Nadal en Cances-Carballo 2022
Cances tamén celebra o seu Nadal

Coa representación de “O Maletín”, do grupo de teatro da AA.VV. San Salvador de Sofán, arrinca o programa de Nadal da Asociación Cultural San Campio de Cances. A cita será este sábado ás 19:30 no vivo lolca social, e ao remate, haberá pinchos para os asistentes.

O local volverá encherse o día de Nadal. Para o domingo 25, a entidade falou con Papa Noel para que se achegue á parroquia carballesa, e comparta escenario co Mago Álex.

Ademais, o venres 6 de xaneiro, a cabalgata de Reis pasará pola mañá pola parroquia.

Comentarios