Luns. 07.10.2024
El tiempo

Carballo acolle unha das mellores coleccións de beléns de todo o estado

  • Correos instalou un Buzón especial para enviar as cartas aos Reis Magos
expo_belens_do_mundo
Carballo acolle unha das mellores coleccións de beléns de todo o estado

O Pazo da Cultura acollerá unha parte dos máis de 2.500 beléns que integran a colección do Taller Museo Santxotena (Áraba). Será no marco da exposición itinerante “De Belén ao Finisterrae”, dunha das mellores coleccións de beléns de todo o estado, que será inaugurada o 14 de decembro, ás 11.00 horas e poderá ser visitarda ata o 15 de xaneiro no horario habitual de 16.30 a 21.00, de luns a sábado.

Son máis de vinte anos de traballo os que levan Teresa Lafragua e Xabier Santxotena para dar a coñecer a historia, a cultura e a etnografía dos pobos dos cinco continentes. A exposición chega por primeira vez a Galicia, comunidade que ofrece nada menos que 46 beléns distintos, entres eles varios da Olería de Buño como os de Feituras, Olería Aparicio e Alfarería O Falsete.

Buzón para os Reis

dav

Até o día 5 de xaneiro, os nenos e nenas que o desexen poderán depositar as súas cartas para os Reis Magos
na caixa de correos de Nadal que Correos instalou na oficina postal de Carballo.
Ademais de fomentar o espírito do Nadal, esta iniciativa da empresa postal tamén pretender incentivar a práctica da escritura entre os máis pequenos da casa.
 

Comentarios