Canto máis coñeces Razo-Baldaio, máis o queres e máis o coidas
O amor verdadeiro é aquel que perdura. E o amor que hai entre Carballo e o seu areal de referencia nunca decae. Así o recoñecían os responsables municipais na presentación da nova edición do programa “Eu quero Razo-Baldaio”. Unha edición na que se fomentará o ocio sustentable e seguro, da man de actividades de entidades ecoloxistas como Adega, Hábitat e Senda Nova.
As entidades parten da máxima de que “canto máis coñeces a túa contorna natural, máis a coidas”. Por iso, entre as máis de 20 actividades que se desenvolverán entre xullo e agosto, boa parte será arredor do seu valor.
Por outro lado, a multinacional Acciona será responsable do servizo de limpeza de praias e tamén se sumou o persoal do servizo de limpeza e das empresas colaboradoras: Aspaber, Sulo, Ecovidrio e López Cao, ademais de Acciona.
Programa
Xullo
- Sábado, 3 e Domingo, 4: DESCUBRE AS PEGADAS E OS INDICIOS NOS CAMIÑOS
- Mércores, 7: RUTA POLO PATRIMONIO DA COSTA CARBALLESA
- Sábado, 10: INAUGURACIÓN DA ESCULTURA EN BALDAIO E SAÍDA A COÑECER A FLORA E FAUNA DAS CONTORNAS DUNARES
- Mércores, 14: BALDAIO ESTÁ INVADIDO, AXUDÁDENOS A RECUPERALO
- Sábado, 17: LIMPEZA COLECTIVA DAS PRAIAS DE RAZO E BALDAIO
- Mércores, 21: RUTA PARA COÑECER RAZO E BALDAIO
- Sábado, 24: AS PEDRAS DE CANDO AMÉRICA ESTABA EN CARBALLO
- Mércores, 28: A NOITE DAS AVELAIÑAS
- Sábado, 31: AXUDA Á RESISTENCIA !!! ELIMINA AS INVASORAS DE CARBALLO
Agosto:
- Mércores, 4: FAUNA E FLORA DAS CONTORNAS DUNARES
- Sábado, 7: LIMPEZA COLECTIVA DAS PRAIAS DE RAZO E BALDAIO
- Sábado, 7: ROTEIRO NOCTURNO POLA EIRA DAS MEIGAS
- Sábado, 14: RUTA POLO PATRIMONIO DA COSTA CARBALLESA
- Mércores, 18: SAÍDA ORNITOLÓXICA
- Sábado, 21: OBRADOIRO DE BIODIVERSIDADE
- Mércores, 25: EXPLORA AS POZAS DA PRAIA
- Sábado, 28: SAÍDA ORNITOLÓXICA .