A carballesa Silvia Tasende protagonista hoxe do Club de Lectura de Espiral Maior Foro

09:54 01/03/25
Hoxe sábado, 1 de marzo, en Espiral Maior Foro de Carballo (Rúa do Sol, 34), ás 11:30 h., terá lugar unha nova sesión do Clube de Lectura, nesta ocasión centrado na novela “O espírito das maceiras”, da xornalista e profesora carballesa Silvia Tasende.
O acto, que contará coa presenza de Silvia Tasende, é aberto ao público e o Clube de Lectura está aberto a novas incorporacións..