Sábado. 07.09.2024
El tiempo

Carballo abre o prazo de adhesión ao Convenio Musical dirixido ás agrupacións locais

Carballo abre o prazo de adhesión ao Convenio Musical dirixido ás agrupacións locais
Grupos de música e danza tradicional, masas corais, orquestras, conxuntos e bandas de música teñen de prazo ata o día 30 deste mes para adherirse ao Convenio Musical posto en marcha pola concellería de Cultura de Carballo. Para adherirse deben cumprimentar o impreso que poden descargar na web municipal ou recoller na concellaría de Cultura e entregalo no rexistro xeral do concello de Carballo ou, preferentemente, no do pazo da Cultura. O Convenio Musical - que leva xa moitos anos en funcionamento - contribúe á promoción das agrupacións locais, que mediante este sistema teñen garantidas dúas actuacións ao ano, ao mesmo tempo que facilita un recurso para enriquecer as súas actividades ás entidades sen ánimo de lucro que traballan ao longo de todo o ano. Importes As bases desta edición manteñen a limitación do lugar de actuación para as agrupacións con sede no casco urbano, que deberán realizar unha soa actuación por evento e nunha parroquia distinta á do ano anterior. O concello de Carballo subvencionará dúas actuacións a cada unha das agrupacións adheridas en función de distintos criterios. Os grupos de música e danza tradicional, dun mínimo de 12 compoñentes, recibirán 350 €. Os grupos de gaitas, que teñan como mínimo de 4 compoñentes, outorgaranlle 260 €. A mesma cantidade tamén é para as cantareiras que sexan 4 como mínimo. As corais entre 10 e 29 compoñentes recibirán 260 €, mentras que as que teñan máis de 30 compoñentes outorgaránselle 425 €. As orquestas e bandas de música, que teñan un mínimo de 4 compoñentes, recibirán 350 €. No caso de que o número de solicitudes supere o orzamento dispoñible establecerase unha orde de prioridade de acordo cos seguintes criterios: atender ás necesidades ou demandas previsibles de actuacións; realizar unha distribución equitativa entre as distintas modalidades de grupos, para o que se valorará que as agrupacións musicais pertenzan a entidades culturais e a participación activa das agrupacións nos programas de actividades das entidades; comprobar que, como mínimo, o 50% dos membros das agrupacións estean empadroados no concello de Carballo ou a antigüidade, traxectoria e currículum do grupo e/ou dos seus compoñentes. Fonte  

Comentarios