Luns. 21.09.2020
El tiempo

Carballo abre o seu primeiro parque canino

Carballo abre o seu primeiro parque canino

A partir de hoxe está aberto xa o Parque Canino do San Martiño. Un parque que, en principio, e dadas as restricións vixentes para evitar a propagación da COVID-19,ten un aforo máximo de 10 persoas coas súas mascotas, xa que os animais deben estar acompañados e vixiados polos seus propietarios.

O obxectivo do Parque Canino é ofrecer unha área de xogo controlada para os cans, que deben estar rexistrados e contar co correspondente chip de identificación. Os animais de razas potencialmente perigosas non poderán estar soltos nin sen buceira. As normas completas poden consultarse na imaxe inferior.

cartel_parque_canino_normasCONCURSO TERRA ATLÁNTICA 1

comentarios