mércores. 07.05.2025
El tiempo

Carballo adxudica por un millón de euros as obras de mellora nas infraestructuras de sete das súas parroquias

Carballo adxudica por un millón de euros as obras de mellora nas infraestructuras de sete das súas parroquias
ceip-acristina-carballo Recreación da contorna do CEIP A Cristina A Xunta de Goberno Local adxudicou na súa sesión ordinaria de onte catro proxectos de obras e infraestruturas que se desenvolverán en sete parroquias e que suporán un investimento total de 987.749,21 euros. A contía máis importante corresponde á reurbanización da contorna do CEIP A Cristina, na que o concello investirá 343.781,85 euros. As obras, que seguirán o modelo implantado na zona do CEIP Xesús San Luís Romero, afectarán ás rúas Eduardo Blanco Amor, Camilo José Cela e Celso Emilio Ferreiro, nas que, ademais de actuar para mellorar a accesibilidade e a seguridade do alumnado, está prevista a instalación ou renovación de todas as infraestruturas dos servizos de abastecemento de auga, saneamento, recollida de pluviais, rede eléctrica, telecomunicacións, gas e alumeado, que supoñen unha parte moi importante do orzamento, ademais dun tratamento en superficie con plataformas únicas, mobiliario urbano e axardinamento. O proxecto será executado pola empresa Lancer. A mesma construtora resultou adxudicataria doutras dúas actuacións, nestes casos na zona rural. Por unha banda, cun orzamento de 130.670,61 euros, figura a mellora integral da rede viaria secundaria da parroquias de Berdillo e Ardaña. Con elas completaranse as actuacións de asfaltado nas 18 parroquias, cun investimento total próximo aos dous millóns de euros. O obxectivo é que as obras se leven a cabo o antes posible para que estean listas antes de que remate o verán. Por outra banda, o plan integral de asfaltados vai rematando e o concello de Carballo pon en marcha o de aglomerado das vías municipais cualificadas como estruturantes polo nivel de circulación ou porque serven de comunicación entre parroquias. A Xunta de Goberno adxudicou onte tamén a empresa Lancer o proxecto de mellora da capa de rodadura en vías de Lema, Noicela, Rebordelos e Aldemunde, cun orzamento de 221.323,75 euros. Nun caso trátase de aglomerar a estrada que atravesa as tres parroquias costeiras e no outro, a vía que vai desde A Fonte ata Aldemunde de Arriba. As dúas son peticións dos consellos parroquiais. Por último, a empresa Construcciones Vázquez y Reino é a adxudicataria do proxecto de reurbanización da rúa Sol, cun orzamento de 291.973 euros. Neste caso a actuación inclúe a renovación ou ampliación dos servizos urbanísticos que así o requiren e a mellora da accesibilidade creando unha plataforma única e dándolle continuidade, mediante xardinería e mobiliario urbano, á intervención realizada en Martín Herrera. Outros asuntos A Xunta de Goberno Local tamén aprobou as bases das convocatorias de subvencións en materia de deporte para o ano 2018, nove licenzas urbanísticas, a composición da comisión de festas e a programación con Apego para esta primavera. Así mesmo deuse luz verde á adxudicación do contrato de xestión da Aula de Teatro do concello de Carballo a Producións Teatrais Talía SL por un período de dous anos e un prezo de 18.989,74 euros. Tamén foi aprobado o contrato de subministro por renting dun servizo integral de impresión por 48 meses á empresa NEA F3 Ibérica, cun prezo total de 84.127,72 euros. Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Concello de Carballo

Comentarios