Luns. 06.05.2024
El tiempo

Carballo afonda na creación dunha comunidade enerxética local

comunidade_enerxetica_local_800x460
Carballo afonda na creación dunha comunidade enerxética local

Importante aposta a que está a realizar o Concello de Carballo coa creación dunha comunidade enerxética local. As CEL son comunidades onde os soci@s poden implicarse na planificacion e execució de proxectos de autoconsumo enerxético, fomentando enerxías limpas, diminuíndo a dependencia enerxética, e permitindo un aforro considerable.

O Concello quere implantar este modelo colectivo e no proceso vén de realizar unha enquisa na que teñen participado 245 fogares (63 pisos e 82 vivendas unifamiliare). Segundo sinalan, a enquiesa reforza a creación da CEL, tendo en conta que apenas o 4% dis fogares conta con algún tipo de enerxía renovable, deixando patente “a necesidade de apostar por enerxías máis sostibles e baratas, tanto polo gasto económico coma polo custo ambiental que supón a escasa implantación das enerxías renovables no territorio municipal”.

A enquisa, que deixa patente a preocupación da veciñanza pola factura da luz xa que todo o mundo sabe á perfección canto está a pagar, demostra que preto do 40% dos fogares utilizan a electricidade tanto para calefacción coma para a auga quente, mentres que o 11% das casas da zona rural utiliza leña (apenas un 4% ten aire acondicionado).

Outro dato que se destaca da enquisa é que a presenza de vehículos eléctricos é aínda testemuñal, e que prima o gasóleo fronte a gasolina.

Con todas estas cifras, o Concello valora que o proxecto de autoconsumo e fomento de enerxías renovables será un impulso e unha mellora na independencia enerxética da veciñanza.

Comentarios