Martes. 30.04.2024
El tiempo

Carballo aforra un 80% no alumeado público

Carballo aforra un 80% no alumeado público
Alumeado na Rua Anllons de Carballo antes e despois

Xa ten Carballo o novo alumeado público case completado. Un investimento que implica un aforro do 80 por cento no consumo e supón unha notable mellora na visibilidade. Non hai máis que ver as diferencias, entre as luces alaranxadas de antes, e as limpas luces brancas de agora.

A día de hoxe son máis de cinco mil os puntos de luz nos que a empresa concesionaria do servizo público cambiou as vellas lámpadas de vapor de sodio por LEDs, chegando ata o 90 por cento no casco urbano.
Está previsto que ao longo do mes de agosto remate a implantación das novas lámpadas LED.

As augas de baño, excelentes

Presentaron onte os membros do Concello carballés os resultados das das análises realizadas na praia de Razo e que reflicten que tres das catro zonas de baño do areal son aptas para o baño e incluso cunha calidade das augas "excelente”, como explican na web municipal.

Así, o baño está permitido con total seguridade para os usuarios e usuarias en toda a praia de Razo excepto na zona da Explanada.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios