Venres. 19.04.2024
El tiempo

Carballo aumenta a súa numerosa oferta formativa

IES Monte Neme de Carballo
IES Monte Neme de Carballo
Carballo aumenta a súa numerosa oferta formativa

A Xunta de Goberno Local de Carballo aprobou onte cadanseu convenio co CIFP Anxel Casal da Coruña e o Centro Universitario Superior Europeo (CUSE). Un convenio, que chega despois dos asinados coa Federación de Salvamento e Socorrismo e o IES Monte Neme, que permite que o Concello amplíe a súa xa numerosa oferta formativa.

No (CUSE) poderá realizarse a formación práctica do alumnado do Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria, que se adscribirá á Unidade de Condutas Adictivas (UCA). No CIFP Anxel Casal Monte Alto permitirá que unha alumna do ciclo de animación sociocultural e turística poida realizar prácticas no departamento de Cultura; un convenio semellante ao da Federación de Salvamento e Socorrismo, que permite a dous alumn@s facer as prácticas en centros de traballo municipais.

Cómpre lembrar que o Concello, ademais dos seus activos institutos, ten unha pioneira Escola de Formación en Hostalería, unha escola de carpintería, o Conservatorio Superior de Música...

Comentarios