Venres. 26.04.2024
El tiempo

Carballo coñece de preto a Carvalho Calero

Carvalho en Carballo. jpeg
Carballo coñece de preto a Carvalho Calero

Xa está na praza do Concello, e ata o 1 de marzo, a exposición a ceo aberto arredor da traxectoria de Ricardo Carvalho Calero. A mostra, promovida pola área de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña, percorre a vida e os principais acontecementos do autor ao que se lle dedicou o pasado Día das Letras Galegas.

Nos trece paneis pódese visitar a traxectoria vital e profesional do autor, desde o seu nacemento en Ferrol até o peche co titulado "Mestre de Compromisos" onde se fai mención ás distintas homenaxes que recibiu antes do seu falecemento e tamén se recolle unha imaxe do alumnado da primeira promoción de Filoloxía galego-portuguesa da que foi profesor.

A mostra chega a Carballo, despois de pasar polo peirao da Coruña, a súa chegada desde Ferrol, cidade natal de Carvalho Calero, onde se inaugurou.

Carvalho-Carballo (1)

Comentarios