Luns. 20.05.2024
El tiempo

Carballo continúa co seu plan de melloras nas parroquias

Carballo continúa co seu plan de melloras nas parroquias
obras-rodo-oza-carballo Representantes municipais e da empresa adxudicataria comprobaron o estado das obras A próxima semana comezaráse a pavimentar con cemento as pistas que rodean o núcleo do Rodo, en Oza-Carballo. O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Obras e Servizos, Luis Lamas, visitaron as obras que están a executarse na zona onde xa está case completada a instalación dos servizos. O alcalde e o concelleiro estiveron acompañados por un representante da empresa adxudicataria das obras, construcciones Vázquez y Reino, e tiveron a oportunidade de conversar con varios veciños e veciñas, que expresaron a súa satisfacción coa actuación en marcha. O Rodo é un núcleo tradicional que conserva en boa medida a súa tipoloxía orixinal, e por iso optouse por realizar unha actuación semellante á que se levou a cabo en Cances Grande. Neste caso suporá a pavimentación con cemento dun total de 8.885 metros cadrados de vías. Ademais, dado que no Rodo xa se instalou no ano 2016 a rede de saneamento e tamén haberá auga pública cando se execute o proxecto de abastecemento a Oza e Razo, xa se aproveitan estas obras para deixar lista  a canalización. O investimento acada os 186.340 euros. O goberno municipal de Carballo pretende seguir a estendendo este modelo a outros núcleos singulares. De feito, con cargo ao superávit do ano 2017 xa está previsto acometer un proxecto similar en Castrillón (Lema), cun orzamento de 249.865,92 euros.

Comentarios