Venres. 11.10.2024
El tiempo

Carballo convoca un concurso infantil para facer o cartel e a postal de Nadal

Carballo convoca un concurso infantil para facer o cartel e a postal de Nadal
Postal gañadora do ano pasado realizada por Ana María Hernández Postal gañadora do ano pasado realizada por Ana María Hernández Un ano máis, os nenos e as nenas de Carballo xa poden expresar a súa creatividade no tradicional Concurso de Cartel e Postal de Nadal 2015 organizado polo concello carballés e que ten por obxecto seleccionar a tarxeta de felicitación do Concello de Carballo e o cartel que anunciará as vindeiras festas de Nadal. Poden participar no concurso todos os nenos e nenas do municipio de Carballo, alumnado de Educación Infantil e Primaria dos centros de ensino do municipio, coa única limitación de presentar unha soa obra por neno/a. A autoría dos traballos deberá ser individual (dun só alumno/a) e os debuxos non poderán incluír elementos que sobresaian do debuxo, como palillos, algodón, purpurina, papel pegado, etc. Repartiranse un total 575 euros en premios e ademais o colexio ou entidade do traballo gañador do 1º Premio recibirá 150 euros en material didáctico, e todos os colexios ou entidades participantes recibirán un vale para a compra de material didáctico para a súa biblioteca. O xurado estará constituído por tres adultos designados polo Concello de Carballo e alumnado de ensino primario. O prazo de presentación de traballos xa está aberto é remata o luns 30 de novembro, ás 14.00 horas debendo de realizarse a entrega dos traballos nas oficinas do primeiro andar do Pazo da Cultura. Máis información Fonte

Comentarios