![O concello de Carballo contrata a través dun servizo de renting aparatos de cardio, musculación e fitness]()
O concello de Carballo contrata a través dun servizo de renting aparatos de cardio, musculación e fitness
O concello de Carballo vén de aprobar o
"Contrato administrativo por renting de aparatos de cardio, musculación e outros para as salas fitness do complexo deportivo Vila de Noia e do complexo deportivo Carballo Calero" tal e como o anunciou o pasado mes de xaneiro. O prezo total de licitación ascende a
111.838,85 euros -
IVE incluído - nos que se inclúe a dotación de seis cintas de correr, tres elípticas, tres bicicletas horizontais, oito bicicletas verticais, dez bicicletas de spinning, varios xogos de mancuernas e mobles para colocalas, un banco multiestación, un soporte de discos, un soporte de barras, unha torre de cinco estacións, un contractor pectoral, un bíceps/tríceps, un remo sentado, unha poela alta e remo polea baixa, un extensión/flexión de perna, un femoral tumbado, un multipower, 200 metros cadrados de chan crossfit de 5mm de espesor incluíndo a súa montaxe e a montaxe e instalación de todo o equipamento. A duración total prevista para o contrato é de 48 meses (catro anos). O valor estimado do contrato ao mes é de 2.328,98 euros (IVE incluído).
No apartado de contratación tamén saíu adiante o expediente para os servizos de
"Limpeza de mantemento do cemiterio municipal de Carballo e servizos de inhumación i exhumación". Neste caso o orzamento do contrato por todo o período de licitación (de catro anos don dúas prórrogas anuais) sería de 210.000 euros (IVE incluído), cun orzamento anual de 35.000 euros. Os labores inclúen traballos de xardinería, limpe, reposición de equipamentos e reparacións de zonas deterioradas.
Carballo Interplay
A sesión tamén supuxo luz verde para a participación do concello no
Club de Debate 2016 no que Carballo participa con outros dez concellos galegos para incentivar e valorar o falar en público, a oratoria, o uso do galego oral ou o pensamento crítico. Así mesmo, a Xunta de Goberno aprobou as actividades do FormaCIP un ciclo formativo que se desenvolve nos meses previos á celebracion do festival de contidos dixitais
Carballo InterPlay. Nesta edición o FormaCIP amplía a súa oferta tamén á xente miúda. Novas narrativas, marketing dixital, novas tecnoloxías, produción e financiamento audiovisual, dirección de actores, robótica para nenos e nenas, Lego Mindstorms, Arduino, paleta gráfica codeco ou emoticonos analóxicos son algúns dos coñecementos que adultos, estudantes, nenos e nenas poderán adquirir no ciclo formativo dende o vindeiro 12 de marzo ata a mesma fin de semana do Festival.
No apartado de subvencións, aprobouse una solicitude de subvención á Deputación da Coruña para Unidade Asistencial de Drogodependencias de Carballo (UAD) para o ano 2016. Solicítase unha axuda de 20.000 euros para colaborar no mantemento do servizo. No apartado de convenios, recibiu luz verde un acordo entre o Concello de Carballo e o Concello de Arzúa para o reforzo do servizo da Policía Local durante a celebración da 41 edición da Festa do Queixo da localidade coruñesa. Por último, a sesión supuxo a aprobación de dúas licenzas de obra.
Sesións con Dafit
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Concello de Carballo