Venres. 29.03.2024
El tiempo

Carballo dobla, coa axuda da Deputación, a liña de axudas post-covid a autónom@s e microempresas

Tarxeta bono Sempre Carballo
Carballo dobla, coa axuda da Deputación, a liña de axudas post-covid a autónom@s e microempresas

A liña de axudas ás empresas carballesas da tarxeta-bono SempreCarballoo terá o seu complemento nunha nova liña aprobada este luns na Xunta de Goberno Local. Foron 272 dos 2.833 autónomos/as e empresas conmenos de 10 persoas asalariadas (a cifra máis alta das cidades conmenos de 50.000 habitantes da provincia) os que se adheriron á campaña da tarxeta, polo que o Concello comprometeuse a ampliar as axudas.

Serán outros 700.000 € os que, gracias ao Fondo de financiamento para a reactivación económica e social da provincia da Coruña (que financia o 80% da axuda), se inxectarán no tecido empresarial.

“Debemos impulsar o comercio de proximidade, que é o que nos dá estrutura como pobo, e intentar que a COVID-19 o debilite o menos posible”, sinalou o alcalde, Evencio Ferrero, que xa nos apuntara a idea de fomentar a economía circular cunha inxección de 1 millón de euros dentro de Carballo.

Dende o Concello valoran tamén outras iniciativas de axuda á empresa local, como a exención da taxa pola ocupación de solo público con terrazas de hostalaría para todo o ano 2020, a campaña de dinamización das compras nas librarías locais ou a posta en marcha dun servizo de asesoramento e apoio, que segue a disposición da empresa local a través da páxina web covid19.carballo.gal.

Tarxeta

Xa son 11.127 solicitudes das tarxetas e o prazo estará aberto ata o 15 de novembro. Ademais, os 30 euros da axuda municipal poderán consumirse ata o 30 de novembro en calquera dos 272 comercios e negocios adheridos.

Comentarios