Sábado. 07.09.2024
El tiempo

Carballo envórcase cos obradoiros de acollemento lingüístico

MIgrantes de Carballo visitando o Rexenera Fest e aprendendo galego
MIgrantes de Carballo visitando o Rexenera Fest e aprendendo galego
Carballo envórcase cos obradoiros de acollemento lingüístico

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Carballo pon en marcha unha nova edición dos obradoiros de acollemento lingüístico e de preparación das probas Celga.

O primeiro vai destinado a persoas de fóra de Galicia, que neste obradoiro de acollemento lingüístico entrarán en contacto coa lingua e a cultura galegas. O curso, que se celebrará sempre que exista un grupo mínimo de 20 persoas inscritas, inclúe
un manual de contidos para o alumnado. A formación desenvolverase desde o 10 desetembro ata o 19 de decembro, todos os martes e xoves, de 17.30 a 19.00 horas, no centro social Escola de Arrabaldes, na Milagrosa.

As persoas interesadas poden inscribirse enviando a [email protected] un correo electrónico no que que se indicará o nome e apelidos e un teléfono de contacto. As inscricións realizaranse por orde de chegada das mensaxes ata completar o número
máximo de alumnado (25 persoas).

Cursos

Tamén repiten os cursos preparatorios das probas Celga 2, 3 e 4, para os cales tamén está aberto o prazo de matrícula. Neste caso será preciso contar cun mínimo de 10 participantes. As clases impartiranse todos os xoves, de 19.00 a 21.00 horas, no centro social Escola de Arrabaldes, desde o 12 de setembro ata o 28 de novembro. As persoas interesadas pódense inscribir mandando un correo co nome e apelidos e número de teléfono a [email protected].

Máis novas

Comentarios