Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Remata obradoiro de acollemento lingüístico de Carballo

Remata obradoiro de acollemento lingüístico de Carballo
obradoiro-linguistico-carballo Un grupo de persoas de oito nacionalidades distintas participaron durante os pasados meses nesta iniciativa posta en marcha polo Servizo de Normalización lingüística Un grupo de persoas de oito nacionalidades despiden hoxe cunha pequena festa o obradoiro de acollemento lingüístico posto en marcha polo Servizo de Normalización Lingüística do concello de Carballo. Neste pequeno ágape de despedida, que terá lugar ás 18 horas no Pazo da Cultura, o alumnado do obradoiro tamén recibirá os diplomas de participación. Alí cmpartirán comidas e costumes típicas dos seus países e tamén intercambiarán pareceres en galego grazas ás nocións aprendidas ao longo destes meses. Chegaron a Carballo desde a República Dominicana, Colombia, China, Venezuela, Uruguai, Brasil, Paraguai ou da Comunidade Valenciana e quixeron, e queren, aprender galego. Son xente que non naceu en Galicia, mais que quere coñecer os nosos costumes ao mesmo tempo que dá a coñecer os seus. Persoas que queren saber o que é un carballo, o agarimo, a troula ou o polbo. Mulleres e homes aos que lles gusta coñecer a lingua e cultura galegas, para saber máis ou para intentar acceder mellor a un traballo aquí. Persoas ás que lle gustaría que lle dixesen: "Que rápido aprendiches a falar galego!"? Neste obradoiro práctico organizado polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Carballo, que comezou o 2 de novembro rematou a finais de decembro de 2017, desenvolvéronse diversas actividades para coñecer a lingua (escrita e oral), a música, a literatura, a prensa, a xeografía, etc., galegas, e para facilitar o acceso ao mundo laboral, e a integración na sociedade galega e carballesa. Obradoiros coma este xa se veñen realizando en Carballo desde o ano 2005, cunha moi boa acollida e con bos resultados. Novas relacionadas Fonte

Comentarios