Carballo estende o programa de compostaxe a todo o municipio
08:06 13/06/18
174 familias e colectividades de todo o concello participan neste programa de eliminación de residuos sólidos
Coas últimas 25 incorporacións, que veñen de materializarse, xa son 174 as familias e colectividades de todo o concello de Carballo que están a participar no programa de compostaxe doméstica, colaborando deste xeito na eliminación da fracción húmida dos residuos sólidos, que é a máis pesada e a que supón maior custe de tratamento. Grazas á colaboración veciñal conseguiuse eliminar máis de 100 toneladas ao ano dos colectores verdes, cifra que se espera incrementar ao longo deste ano.
Nestes momentos a compostaxe doméstica está implantada en 17 das 18 parroquias do concello carballés. E aínda que as vivendas unifamiliares son maioritarias, na relación tamén figuran colexios e entidades coma a asociación Pro Enfermos Mentais (APEM) ou a asociación Ambiental Senda Nova, que é unha das novas usuarias. A iniciativa está estendida tamén polo casco urbano, tanto con usuarios/as individuais coma a través de comunidades de propietarios/as.
En só catro anos chegouse á práctica totalidade do territorio. Dende o goberno municipal sinalan que intentarán dar resposta ás solicitudes que non puideron ser atendidas nesta última convocatoria. As persoas que queiran colaborar na consecución dun Carballo máis sostible só teñen que descargar o impreso de solicitude da web de Carballo Limpo e presentalo no rexistro municipal para formar parte dunha lista de agarda para posteriores accións.
Novas relacionadas
- Carballo leva o seu programa do vermicompostaxe a Valladolid
- A vermicompostaxe ponse en marcha en Carballo
- Carballo busca 2.000 familias que se unan á recollida selectiva de residuos orgánicos
- Carballo pon en marcha un programa de vermicompostaxe pioneiro en Galicia
- Xaneiro 17: 130 familias de Carballo participan no programa de compostaxe caseira.
- O programa de compostaxe caseira de Carballo dá un paso máis
- Marzo 2016: Carballo reduce 39 toneladas de residuos orgánicos co seu programa de compostaxe.
- A Milagrosa ten a chave da reciclaxe
- Os veciños de Carballo participan nun novo proxecto piloto de reciclaxe
- Carballo Limpo pon en marcha un sistema de fregado das beirarrúas
- Máis composteiros caseiros para un Carballo Limpo
- Por un Carballo Limpo
- Redacción QPC ([email protected])
- Concello de Carballo