Sábado. 12.10.2024
El tiempo

Carballo.gal: Carballo xa ten apelido galego en internet

Carballo.gal: Carballo xa ten apelido galego en internet
O Concello de Carballo xa ten o dominio carballo.gal activo

Nós xa estamos traballando nelo. Pero o que xa pode loubarse de ter apelido viurtal en galego é o Concello de Carballo. Despois do Concello de Ponteceso, o equipo de normalización lingüística do concello bergantiñán, estreaba, este sábado 25 de xullo, coindindo co Día Nacional de Galicia, o dominio carballo.gal. Unha demostración do seu compromiso coa nosa lingua.

Carballo forma parte do proxecto Pioneiros, entrando entres 93 webs escollidas pola entidade PuntoGal. A partir do mes de setembro, os demais webs interesados poderán solicitar ter apelido galego na rede. Aí estaremos.

A rede dignifica a lingua

No marco da actual sociedade da información o que non está en Internet non existe. A comunidade galega no mundo, con máis de 4 millóns de persoas, a nosa lingua e a nosa cultura precisan dunha marca propia coa que identificar todos os contidos que xeramos na rede e, así, facernos máis visibles dentro deste espazo de comunicación global. O .gal é o dominio que nos corresponde como comunidade con fortes vencellos lingüísticos, culturais, históricos, sociais..., unha especie de sufixo co que identificar en Internet as páxinas que se dirixan á sociedade galega, que teñen marca de calidade galega, e que, tendo en conta a nosa dispersión no mundo, non se circunscriben a un ámbito territorial pechado. Tecnicamente viable e económica, social, lingüística e culturalmente rendible, o .gal é un dominio de primeiro nivel en internet, ao lado doutros como .com, .org, .es, .cat ou .eu.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios