Martes. 19.03.2024
El tiempo

Carballo identifica 9 tipos entre o milleiro de hórreos que ten catalogado

Horreo-tipo-Fisterra de Turismo Carballo
Hórreo carballés tipo "Fisterra": de Turismo Carballo
Carballo identifica 9 tipos entre o milleiro de hórreos que ten catalogado

Hórreos de madeira tipo “Mariñán” e “Bergantiñán”; Hórreos de pedra e madeira tipo “Carral”, “Carballo” e “Mahía”; hórreos de pedra tipo “San Pedro de Visma”, “Coristanco” e “Fisterra”; e hórreos de ladrillo ou cemento tipo “Carballo”. Esas son as 9 tipificacións que atopou o Concello de Carballo durante o exhaustivo traballo de campo arredor do Catálogo de Hórreos.

Un catálogo que están en fase de actualización, e que foi aprobado inicialmente, tras aprobar 3 das 5 alegacións presentadas durante o período de exposición pública. Agora quedará aprobado se así o entende o pleno deste luns 25, cando se leve á moción a modificación puntual número 5 do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM).

O novo catálogo, que leva actualizándose durante un ano, inclúe unha ficha de cada un dos máis de 1.000 hórreos na que figuran o lugar e a parroquia na que están situados, a localización con coordenadas e a referencia catastral. Ademais inclúense unha fotografía do hórreo, a descrición arquitectónica, as características normativas, o tipo de protección e incluso as determinacións para a súa conservación. A ficha complétase cun plano da delimitación do ámbito de protección.

Este milleiro de hórreos terán categoría ou de bens catalogados ou de bens de interese cultural.

horreo-tipo-Coristanco de Turismo  Carballo
Hórreo tipo "Coristanco"- Foto: Turismo Carballo

Novas relacionadas

  • Suso Jurjo: As cruces e os torreóns que coroan os nosos hórreos.
  • Cal é o horreo máis longo de Galicia?.
  • Comentarios