Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Carballo implanta o sistema de vermicompostaxe en 22 fogares

Carballo implanta o sistema de vermicompostaxe en 22 fogares
vermicoposteiro-carballo Representantes municipais mantiveron onte unha reunión con membros da empresa que xestionará o tratamento de residuos con miñocas Despois dos bos resultados do programa de compostaxe caseiro posto en marcha polo concello de Carballo, dáse agora un novo paso e incoporan a "VermiCompostaxe".  Así, un total de 22 familias partiparán nesta nova iniciativa para o tratamento dos residuos orgánicos. Este tratamento realízase con miñocas que se incorporan no vermicomposteiro. A implantación correrá a cargo da empresa especializada Ecocelta, que leva a asistencia técnica do programa no que participan Sogama e o concello de Carballo. De feito, o presidente da Sociedade Galega de Medio Ambiente - Javier Domínguez Lino - mantivo onte unha reunión co alcalde - Evencio Ferrero - e co concelleiro de Obras e Servizos - Luis Lamas -, para abordar a posta en marcha deste proxecto. Xa está aberto o proceso de inscrición dun mes para todas aquelas familias que queiran participar neste importante proxecto para conseguir un Carballo Sostible. O vermicomposteiro e a formación para o seu uso ofreceranse de xeito gratuíto grazas á colaboración entre Sogama e o concello de Carballo. Como en iniciativas anteriores, as vivendas que queden fóra desta fase pasarán a unha lista de agarda para posteriores accións. As familias interesadas en participar poden poñerse en contacto co departamento de Carballo Limpo a través  do número de teléfono 981 70 41 00, na web www.carballolimpo.com ou da conta de twitter @CarballoLimpo. Novas relacionadas Fonte

Comentarios