Martes. 19.03.2024
El tiempo

Carballo inviste 2,5 millóns de euros en saneamento

Obras de saneamento de Carballo
Carballo inviste 2,5 millóns de euros en saneamento

O Concello de Carballo ten en marcha obras por 2,5 millóns de euros para seguir estendendo os servizos de saneamento e abastecemento polo termo municipal. Unha cifra para ter en conta, intentando solventar un dos graves problemas das infraestruturas da comarca.

A últimas obras en ser aprobadas son as dos lugares de Figueroa e Outeiro, na parroquia de Sísamo, con 257.000€ de investimento, ademais da adxudicación do proxecto de saneamento dos lugares de Betrís e Ribeira, na parroquia de Rus.

Son así 8 proxectos sobre a mellora do ciclo integral da auga os que están en marcha, por un montante de máis de 2,5 millóns de euros.

En execución están as obras de Abastecemento de auga ás parroquias de Oza e Razo (por 1.226.456 euros desenvoltas por Vázquez y Reino, a meirande obra acometida na historia de Carballo sen axuda doutras administracións); o Saneamento de Taboada e A Granxa, en Entrecruces (por 231.080,81 euros realizada por Excavaciones y Obras Canda); e o Saneamentos en Lema, Oza e Razo (por 188.881 euros feita tamén por Vázquez y Reino).

Están adxudicadas as obras na Piña-Evas, en Sofán (por 170.731 euros da man de Vázquez y Reino); o saneamentos en Betrís e Ribeira, en Rus (por 81.191 euros e tamén por Vázquez y Reino); e as obras nos lugares de Altiboa, Vilarvello, O Alto, Vilanova e Baltar, en Artes (por 199.884,67 euros e por Vázquez y Reino).

Ademais, no proceso de contratación están as obras de ampliación das das redes de saneamento e abastecemento no lugar de Vella Morta (por 125.400,09 euros) e o Abastecemento de auga dende Santa María de Ardaña ata Canosa, Rus (por 323.203,69 euros).

Comentarios